30 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A delegación de Cultura de Cervo organiza actividades infantís no Día do Libro

21-04-16

Cervo, 21 de abril de 2016. A Delegación de Cultura do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés organiza actividades dirixidas a nenos e nenas para celebrar o Día do Libro, dedicado a Cervantes, este sábado 23 na biblioteca da Casa da Cultura, de San Cibrao.

Dolores García explicou que “de 11 a 12:30 horas as actividades serán para alumnos de 2º ciclo de Infantil e de 12:30 a 14 para os de Primaria. As inscricións, que se enviaron aos colexios, poden facerse ata o mesmo día da actividade na Casa da Cultura, de San Cibrao, en horario de mañá ou chamando ao teléfono 691.65.66.00”.

Esta iniciativa forma parte da programación do Concello denominada Cervo a carón da cultura para este mes de abril.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive