27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Aberta a campaña do Día da Nai de ACISA, Fashion Nai, en Ribadeo ata o 29 de abril

21-04-16

Ribadeo, 21 de abril de 2016. Ata o vindeiro 29 de abril está aberta a campaña do día da nai de Acisa denominada Fashion nai. Desde a directiva lembran que “as mamás que o desexen poden facerse un selfie nas tendas asociadas e a súa compra pode saírlles gratis. Para coñecer máis polo miúdo a campaña, que puxemos en marcha hai uns días, o único que teñen que facer é entrar na app Fashion nai no facebook e participar”.

Acisa engade que “entre todas as fotos recibidas a que reúna máis votos, máis me gustas en facebook, poderá conseguir gratis a súa compra ou unha por igual valor. A compra pode ser dende roupa ou calzado, ata un libro, un electrodoméstico, unha xoia… A campaña desenvólvese en todos os establecementos asociados. A cantidade que abonaremos, como máximo, será de 300 euros”.

Ademais o vindeiro 1 de maio, día da nai, Acisa repartirá 500 flores polas rúas de Ribadeo, “entregaremos flores a aquelas nais que se atopen con nós pola rúa, tal e como xa fixemos noutras ocasións”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive