19 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Burela celebra o Día da Terra cun concurso fotográfico e a plantación dun macizo de flores de temporada no parque Rosalía de Castro

21-04-16

Burela, 21 de abril de 2016. O Concello burelés celebra o Día Internacional da Terra cun concurso fotográfico e coa plantación dun macizo con flores de tempada, segundo deu a coñecer a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben. A plantación terá lugar mañá, venres, ás 18 horas no parque Rosalía de Castro.

A edil socialista explicou que “ o 22 de abril conmemórase o Día Internacional da Nai Terra. O seu obxectivo é crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a terra. O lema deste ano é As árbores para a Terra”.

Noelia Mª Ben sinalou que “todos sabemos que as árbores cumpren múltiples funcións: axudan a combater o cambio climático, axúdannos a respirar aire limpo, axúdannos a contrarrestar a perda de especies…”.

A concelleira de Medio Ambiente subliñou que “a Delegación de Medio Ambiente vai conmemorar o Día Internacional da Nai Terra (22 de abril) con dúas actividades. Co concurso fotográfico Coidemos a terra pretendemos que cada fotografía mostre a visión do autor para a defensa e concienciación do respecto pola natureza. As bases do concurso están no taboleiro de anuncios da web do Concello. E a segunda actividade é a plantación dun macizo con flores de tempada no parque Rosalía de Castro. Será mañá, venres, a partir das seis da tarde. Nesta actividade poderán participar todas as persoas interesadas”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive