24 de Abril de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Camiña achégase á terra con Gaia

21-04-16

gaia-xardinOs rapaces e rapazas da Asociación Camiña participaron este mércores 20 de abril nunha actividade organizada por Gaia: unha charla-taller, impartida por persoal de xadinería do Concello de Burela. “Grazas a esta acción os rapaces achegáronse ao mundo da xardinería, ao traballo que realizan os xardineiros e ás ferramentas que utilizan. Ademais cada un dos usuarios prantou un bulbo nunha maceta que terá que regar e irá observando o seu crecemento”, explican as monitoras de Gaia. Esta foi a primeira das actividades que a Delegación de Medio Ambiente ten organizadas para conmemorar o Día Mundial da Terra que se celebra este venres, 22 de abril. A edil Noelia María Ben destaca “a importancia de coidar o noso planeta, que é o fogar de todos nós, e todos podemos contribuír á súa conservación con pequenas accións individuais como reciclar, aforrar enerxía, diminuír o consumo de papel, ser compradores responsables….”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive