22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CxG Burela pregúntase se o concurso fotográfico do Día da Terra é hipocrisía

21-04-16

lixoBurela, 21 de abril de 2016.- Vaia por diante que CxG apoia as iniciativas de concienciación e de formación en materia de protección da natureza. A celebración en Burela dun concurso fotográfico en conmemoración do “Día da Terra” é acertada e tamén necesaria. Pero neste caso parecenos unha hipocrisía e falta de respecto a actuación do equipo de goberno. O 27 de xaneiro de 2016 CxG pedía públicamente a actuación municipal na retirada dun vehículo de uso municipal que se atopa en estado de abandono e que inherentemente contamina. A día de hoxe non se fixo nada e o vehiculo esta depositado na mesma zona.

Podíamos presentar as fotos a este concurso, pero non nos pareceu axeitado, nin serio. Volvemos, xa que logo, a solicitar do Concello unha actuación en relación a este acumulo de lixo, posto que si fose titular un particular, a administración xa tería actuado.

O día 22 é o DÍA DA TERRA, están programadas dúas boas actividades, dende CxG pedimos que se realice unha máis:

Que o Concello xestione a retirada e o tratamento adecuado a este vehiculo municipal. Que mellor forma que predicar co exemplo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive