22 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Malandrómeda e Biznaga incorpóranse ao Osa do Mar

21-04-16

IMG_0759Burela, 21 de abril de 2016.- Tal e como a organización do Festival Osa do Mar anunciaba a semana pasada (e recalcando que, por causas alleas á organización do festival, La Bien Querida non formará finalmente parte do cartel), temos dúas novas confirmacións, que se suman ao anuncio anterior.

A continuación, a información de ambas as bandas:

Malandrómeda
Tras publicar o pasado mes de febreiro o dobre traballo “Os corenta e oito nomes do inimigo” e “Cada can que lamba ou seu carallo” amparados polo selo Matapadre, Hevi e Master do Son consolídanse como os amos do rap galego. Rimas de batalla e ritmos imaxinativos nunha viaxe que, en palabras de Carlos Pereiro, “combina a vangarda e o costumismo como quen pasa de santa a satán.”

Chegarán a Burela coa intención de deleitar ao público asistente cun directo considerado do mellorciño do panorama musical galego actual.

Biznaga
Segundo as súas propias palabras, esta é a súa carta de presentación: “Madrid ano 11. Dous tíos que levan uns meses ensaiando cancións nunha habitación de Lavapiés, poñen un anuncio co que pretenden recrutar un batería e un guitarrista aos que lles guste cousas como TV Personalities, ‘A Conxura dos Necios’ e a serie The Office (a americana). Non obteñen ningún éxito. Os días sucédense e, así, entre a cola do wurli e a do inem, pasan tres anos nos que, mentres atopan a eses músicos, publican un cassette de nove cancións con Musagre Tapes, un single con Discos Walden, coan cancións en recompilatorios como ‘Nuevos Bríos’ da Fonoteca, o mítico ‘Matado por la Muerte’ vol 2, e arroxan á rede un xa soado videoclip cheo de espidos explícitos e violencia gratuíta. Para entón xa son unha formación estable de 4 membros plenamente conscientes de que ás veces leva tempo morrer e, mentres, hai que ocuparse en algo para non aburrirse. É xuño de 2014 e Holy Cuervo saca o seu primeiro LP, ‘Centro Dramático Nacional’, que supón unha evolución cara a camiños musicais máis escuros e , por dicilo así, máis ‘autóctonos’. O disco entusiama a público e crítica e iso permítelles percorrer case toda españa (fáltalles Canarias, por exemplo). Madrid ano 16. Cinco anos e moitos máis bares e experiencias de precariedade laboral despúes, os Biznaga atópanse nun momento doce ante a inminente aparición do seu segundo longo e, con el, un novo vehículo para foderse a vida.

Entradas: tras finalizar a última promoción de abono de 2 días por 10? (venda anticipada), actualmente pódense adquirir por 15€ (2 días) / 10€ (1 día) a través da páxina web www.osadomar.com

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive