24 de Abril de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo rematou o novo parque infantil de Rúa no que investiu 13.000 euros

21-04-16

210416 FOTO CERVO NOVO PARQUE INFANTIL EN RÚACervo, 21 de abril 2016.- O Concello de Cervo ven de rematar a instalación do novo parque infantil de Rúa, que supuxo un investimento de 13.000 euros. As instalacións foron visitadas polo alcalde, Alfonso Villares; o concelleiro de Obras, Plácido Pérez; e o pedáneo da parroquia, Ramón Elemparte.

O rexedor anunciou “rematamos estes días unha obra en Rúa, que se trata da instalación dun parque de lecer para os máis pequenos. Está ao lado das escolas de Rúa e non se tratou unicamente de poñer uns xogos senón tamén de colocar un pavimento apropiado para que aí poidan xogar os nenos. É unha obra que se fixo para tentar que ese parque nos dure o maior tempo posible”.

Alfonso Villares salienta que “é unha obra financiada integramente polo Concello de Cervo e son algo máis de 13.000 euros os que se investiron neste parque infantil de Rúa”.

O rexedor cervense subliña que “a nosa idea e seguir realizando en distintos núcleos do noso concello instalacións deste tipo. Creemos que é importante que naqueles sitios onde temos nenos, que cada vez por desgraza hai menos, teñan un sitio no que poder gozar igual que os nenos que viven en pobos máis grandes. Esta é a nosa idea e pouco a pouco iremos dando conta aos nosos veciños do que imos facer”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive