22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Foz estudará o xeito de desbloquear a situación con Gestagua e buscará unha solución consensuada cos grupos da oposición

21-04-16

Foz, 21 de abril de 2016.- O Concello de Foz estudará medidas que desbloqueen a situación xerada coa concesionaria da auga e buscará unha solución consensuada cos grupos da oposición.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, manifesta que “o goberno do Partido Popular de Foz, en aras de resolver o asunto Gestagua e tratar de evitar que ese contencioso siga adiante, colle a oferta de seguir adiante con este proceso de solución amigable coa empresa. Imos tomar esta proposición do Partido Socialista en serio, aínda que hai quince días que dixeron o contrario: que a solución non era a de sacar un pacto amigable”.

O rexedor focense engade que “con ese cambio de opinión nós o que si queremos é que sexa unha consultora a que nos axude tanto aos políticos da corporación como tamén aos técnicos municipais (secretario, interventor e demais persoas) a saber co que estamos traballando. Unha consultora especializada en concesións deste tipo da auga que nos aconselle sobre todo para esta resolución amigable, tamén nese contencioso que hai pendente, pero que ademais empece a traballar sobre o novo concurso”.

Javier Castiñeira subliña que “ese concurso hai que sacalo se determinamos a resolución en próximos meses, senón o contrato termina dentro dun ano e hai que ir avanzando xa nos pregos de prescricións técnicas, nas valoracións técnico económicas e demais; e iso telo que facer unha consultora especializada. Polo tanto a nosa proposta é que si aceptamos retomar as negociacións con Gestagua pero sempre aconsellados por un equipo técnico e por uns consultores especialistas neste asunto”.

Finalmente o alcalde dixo que “tamén entendemos a proposta que no seu momento fixo Unifoz de subir progresivamente e non facelo nun trinta por cento que correspondería; unha suba agora progresiva do dez por cen para que a xente non o note apenas creo que é a forma correcta de facelo. Con elo non elevaríamos máis a débeda e iso é o que imos propoñer agora ao Partido Socialista. Espero que vexan que hai afán dialogante por parte do goberno e creemos que esa é a forma de resolver ese problema”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive