27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Ribadeo, en colaboración coas asociacións Pena Tallada e Francisco Lanza, organiza unhas xornadas arredor do Camiño de Santiago

21-04-16

cartel xornadas no camiñoRibadeo, 21 de abril de 2016.- Os días 29 e 30 de abril o Concello organiza, en colaboración coas asociacións Pena Tallada e Francisco Lanza, unhas xornadas arredor do Camiño de Santiago. Titúlanse Ribadeo no Camiño, presente e futuro.

Desde a Concellaría de Turismo explican que “aproveitando que o ano 2016 está dedicado ao Camiño Norte e Primitivo, logo de ser declarado Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO, queremos salientar a importancia cultural e socioeconómica deste recurso inmaterial para a nosa vila”.

Ano a ano, a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio constata “unha maior afluencia de camiñantes na nosa vila. Son persoas soas ou acompañadas, pero tamén son cada vez máis os grupos que solicitan as nosas instalacións. Así a día de hoxe contamos xa con peticións de 3 grupos, que son un total de 200 persoas”.
As xornadas comezarán o día 29 de abril cun debate aberto onde se tratará a evolución do Camiño de Santiago como recurso turístico para xerar riqueza e valor cultural, así presentáranse diferentes iniciativas de emprendurismo, que están funcionando ao longo do Camiño e os seus responsables falarán das diferentes oportunidades e alternativas de negocio que existen arredor desta ruta.

O día 30 de abril, haberá unha andaina de Ponte a ponte “na que percorreremos o tramo do Camiño Norte ao seu paso polo concello de Ribadeo. Comezará as 11 horas con saída do albergue de peregrinos (Ponte dos Santos) e chegará ao Santuario de nosa Señora das Virtudes (Ponte de Arante)”, engaden desde Turismo.

A xente que estea interesada na andaina poderá inscribirse no seguinte número de teléfono 982 128 689 ou no correo electrónico: turismo@ribadeo.org, “recomendamos calzado cómodo e bocadillo. A volta a Ribadeo realizárase en bus”, indican desde a Concellaría de Turismo ribadense.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive