23 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O grupo Zoar presenta o seu novo disco este domingo en Mondoñedo

21-04-16

zoarMondoñedo, 21 de abril de 2016.- O vindeiro domingo, día 24, ás 20.00 horas, o quinteto Zoar presentará no auditorio “Pascual Veiga” o seu novo disco. O traballo, cuxos arranxos estiveron a cargo de Juan Durán, leva por título “No vento”. No acto os integrantes do quinteto Zoar interpretarán algunhas das obras que forman parte deste traballo.

O disco inclúe un variado repertorio que vai dende Martín Codax (en cuxos premios o quinteto é finalista) ata música do grupo Milladoiro.

O quinteto Zoar fórmano Joan Ibáñez (flauta), David Vila (oboe), Antonio Suárez (clarinete), Benxamín Igrexas (trompa) e Álex Salgueiro (fagot). Iniciou o seu andadura en 2009, actuaron nos principais escenarios galegos e colaboraron con Manuel Rivas, Títeres Cachirulo ou Monicreques de Kukas en actuacións nas que estes músicos buscaron a interacción con outras disciplinas.

Dáse a circunstancia de que non é a primeira vez que o grupo visita a cidade de Mondoñedo onde, dende o primeiro momento quedaron entusiasmados coa acústica deste recinto e foi no Auditorio “Pascual Veiga” onde se gravou este disco.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive