22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os comerciantes do Centro Histórico de Viveiro sortean unha diamante coa Campaña do Día da Nai

21-04-16

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste venres 22 de abril a Campaña do Día da Nai. Ao igual que o ano pasado e debido ao gran éxito que tivo esta campaña, sorteamos un fantástico diamante, unha espectacular xoia coa que agasallar ás nosas nais.

O obxectivo é seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar esta data, un premio único para unha persoa única… mamá.

Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ao CCHV, cun importe mínimo de 10 euros, na carpa que se instalará na Praza Maior o sábado día 30 de abril.

No reverso do ticket poñeranse os seus datos de contacto e depositaranse nunha urna habilitada para o efecto. O horario será de 12.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 20.30 horas.

Os tickets serán válidos polas compras realizadas desde o venres 22 de abril ata o sábado 30 de abril.

Só se poderá participar con tickets de valor a 10 euros ou superior (non se permite a acumulación de varios tickets de cantidades inferiores ata sumar os 10 euros).

O sorteo realizarase o luns 2 de maio ás 16.30 horas nas oficinas da Asociación, comunicándoselle de inmediato ao gañador. En caso de renuncia ao premio, procederase á extracción dun novo ticket ata que apareza gañador.

Os obxectivos perseguidos con todas as campañas que pon en marcha a asociación, son por unha banda a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por comprar no comercio local, e por outra banda fomentar a unión de todos os comerciantes da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.

As bases do sorteo e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive