Continuando coas actividades formativas que se enmarcan no curso Introdución ao Patrimonio Cultural Galego, o mércores 18 de maio os alumnos senior da Aula de Viveiro da UNED acompañados do profesor José Manuel Vázquez Lijó percorreron con visita guiada a igrexa de San Martiño de Mondoñedo, máxima xoia do chamado prerrománico galego. Tamén no concello de Foz, visitaron o xacemento castrexo de Fazouro. Pola tarde achegáronse ao Museo Histórico de Sargadelos en Cervo para da man de Elisa Pérez para coñecer in situ un conxunto histórico artístico singular, exemplo senlleiro do noso patrimonio industrial.
Coñecendo o patrimonio artístico da Mariña coa UNED Sénior
Coñecendo o patrimonio artístico da Mariña coa UNED Sénior
Relacionado
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
Cheo absoluto no primeiro Faladoiro de Charlando do programa Arruguiñas no local da asoc. de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao