Burela, 1 de maio de 2016.- Lucía Rivas, ex-alumna do IES Perdouro e actualmente estudante no IES Monte Castelo, e fotógrafa oficial do programa intercultural “Proxecto Neo” de Radio Burela, foi un ano máis finalista no Certame Audiovisual Imaxiña. Neste caso acadou a clasificación por unha foto do faro de Punta Roncadoira, en Xove.
Lucía Rivas quere agradecer a todas as persoas que votaron pola súa foto, conseguindo un total de 268 votos, e tamén felicitar aos alumnos de 1º de BAC do IES Perdouro Tamara e Pablo, premiados no certame.
A obra fotográfica de Lucía pode ser contemplada nas páxinas de Facebook Proxecto Neo en Fotos e Lucía Rivas – Burela – Fotografía.