Barreiros, 25 de maio de 2016.- O pasado sábado continuou por terras coruñesas a peregrinación a Santiago de Compostela, que están a realizar un grupo de veciños e veciñas de Barreiros, a través do Camiño Primitivo. A sexta etapa discorreu entre Vilamor en Toques e Ribadiso en Arzúa. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que “despois de seis quilómetros de andaina chegamos a Melide, onde conflúe o Camiño Primitivo co Francés. Foi unha etapa bonita, cun día nublado, ideal para realizar os 19 quilómetros desta sexta etapa”.