Trasbar, 3 de maio de 2016.- A Asociación de Veciños Burgo de Trasbar está a organizar un curso para a obtención do carné básico de manipulador de produtos fitosanitarios. O curso impartirase os vindeiros días 30 de maio, 1, 3, 6 e 8 de xuño en horario de 17.00 a 22.30 horas no local social de Trasbar e o prazo para anotarse remata o vindeiro día 15 de maio. Para a inscrición poden poñerse en contacto con Mari (687 550 899) ou Arancha (605 158 373).
Curso en Trasbar para a obtención do carné básico de manipulador de produtos fitosanitarios
Curso en Trasbar para a obtención do carné básico de manipulador de produtos fitosanitarios
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove