O 22 de maio celebrouse o Día Internacional da Diversidade Biolóxica e este xoves as monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia impartiron unha charla baixo o título de Biodiversidade aos usuarios de Eu Son. “Nela os rapaces puideron aprender a respectar a biodiversidade, coñecer o importancia de conservala e o que nos proporciona. Con pequenas accións como chamar ao Seprona se atopamos un animal ferido, non facer lume no monte ou non sobreexplotar os recursos cos que contamos. Todos podemos facer algo pola biodiversidade do planeta”, explicaron as monitoras de Gaia.
Eu Son recibe información sobre a biodiversidade
Eu Son recibe información sobre a biodiversidade
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo