A pouco máis dunha semana para a celebración do VIII Torneo de fútbol-sala O Pasatempo de Mondoñedo continúa aberto o prazo de inscrición, aínda que solo quedan as últimas prazas.
O torneo mindoniense conseguiu colocarse como o referente na Mariña polos seus premios (máis de 3.000 euros), polo gran nivel dos equipos e, sobre todo, pola gran afluencia de público en toda a fin de semana.
O prazo de inscrición remata o mércores 8 de xuño, día no que se celebra o sorteo.
Os teléfonos para informarse e anotarse son 651 958 770(Israel) e 630 314 749 (Javi.