O Rápido de Bouzas vence no Pepe Barrera a un Ribadeo FC que volve a Preferente despois de dúas temporadas en Terceira.
O partido comezaba con opcións para ambos conxuntos, pero xa antes de rematar a primeira parte o Rápido vencía por 0-2. A poucos minutos para o final marcaban de novo os visitantes e logo os locais tras un fallo defensivo dos rivais. Pero de novo no tempo engadido os vigueses marcaban ata colocar o definitivo 1-4.
A falta de dúas xornadas para o remate da competición oficial, o Ribadeo FC conta con 6 puntos menos que o Galicia de Mugardos que ocupa a última praza da zona de salvación co favor do golaverage.
O punto positivo do partido poñíao a afección que ofrecía unha ovación aos seus xogadores.