27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A III Festa Vintage de Foz remata co sorteo de agasallos

19-06-16

sorteo-fozFoz, 19 de xuño de 2016. Os anos 60 encheron de color a III Festa Vintage, que onte se celebrou en Foz. Un dos momentos importantes do día foi o sorteo presencial de varios agasallos. Maruja resultou ser unha das sete persoas afortunadas con 100 euros en vales de compra (cada unha) para gastar nos establecementos asociados a Acia/CCA de Foz, Angelines levou 300 euros en vales de compra e Lola dous bonos para o festival Why Not Here Fest, que se celebrará en agosto.

Os encargados de sacar os nomes de todos os premiados e premiadas da furna da Festa Vintage foron Juanry e Elena. O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, entregou os premios aos gañadores/as. En total repartíronse 7 vales de 100 euros cada un, 1 vale de 300 euros e os bonos para o festival do vindeiro mes de agosto.

O sorteo foi conducido por Anxo Rivas, de Radio Foz, e estivo amenizado por Arsenal Móvil.

A Festa Vintage estivo concorrida en Foz, houbo descontos no comercio, ademais do sorteo de regalos, celebrado a última hora da tarde, e actividades para @s nen@s. A Mariña Central foi a protagonista da cita gastronómica da fin de semana. O sábado tamén foi animado pola concentración de coches clásicos, que percorreu as rúas da vila e que se puideron ver aparcados na Avenida da Mariña e tamén na praia da Rapadoira para deleite de focenses e visitantes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive