Lourenzá, 27 de xuño de 2016.- O Club de Atletismo Lourenzá participou este sábado na carreira popular de Medal (Coaña, Asturias). Percorrido de 6 km (dúas voltas a un circuito de 3km) no que OSCAR BUJAN se impuxo con claridade de principio a fin logrando así 2 primeros postos para o Atletismo Lourenzá: Primeiro da categoría absoluta e primeiro SENIOR.
MARISA ARES conseguía, de novo, outro trofeo para o club tras entrar quinta da absoluta feminina pero PRIMEIRA VETERANA A en cruzar a liña de meta.
Participaron tamén en Medal: Marcos Rodriguez, Ruben Mendez, Luis Graña, Loli Piñeiro, Jose Gavin e Miguel Lastra.
O club también tuvo representación na media maratón PALAS- MELIDE grazas ao seu compoñente Moisés.