19 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Gabriel Galante revalida o título de campión galego de tiro con arco en aire libre

19-06-16

Redondela acollía o campionato galego de tiro con arco en aire libre onde os cadetes Gabriel Galante Briones e Francisco Botelho Melo, do Club IADOVI de San Cibrao, se facían coa primeira e a cuarta posición.

podio-cadete-galegoGabriel Galante Briones situábase na primeira praza con 597 ao final das series clasificatorias, mentres que cuarto era Francisco Botelho Melo cunha puntuación de 514 puntos sobre un máximo de 720. Tralas series eliminatorias ambos os compañeiros tiveron que competir entre eles. Gabriel alzábase coa vitoria cun contundente 6 a 0 en puntos de set relegando a Francisco a competir polo bronce onde se enfrontaría a Pedro Pina do Club arco Ferrol. Os nervios xogáronlle unha mala pasada a Fran e de estar a tirar moi cómodo no enfrontamento contra Gabriel (perdendo tan só por un punto, e cunhas puntuacións elevadas) comete unha serie de erros técnicos que fan que se teña que conformar coa cuarta praza.

Pola súa banda, Gabriel pasaba a disputar a final contra Taylor Murias, o que se veu a conformar a estar alturas en todo un clásico. Gabriel é máis certeiro que Taylor por tan só un punto de diferenza en cada set, pero suficiente para revalidar o seu título de Campión Galego.

A representante feminina do club, Ana María Briones Montes, nesta competición acusaba cansazo e falta de concentración. Así, unha serie de fallos facían que a súa puntuación habitual descendese ata quedar fóra do corte para pasar a disputar as eliminatorias, o seu punto forte nas competicións.

Doutra banda, Jorge Galante estreábase na categoría de veteranos, conseguindo unha puntuación de 450, o que o situaba no oitavo posto, disputando os cuartos de final caendo por 6 a 2 en puntos de set ante o representante do Club Arcobarco, Martín Gómez Segura.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive