Cervo, 23 de xuño de 2016.- O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez, e os concelleiros Pilar Armada Carrete e Plácido Pérez Otero visitaron este xoves na súa casa ao veciño de A Pena (San Román) José María Rúa Fernández, que cumpre 102 anos de idade.
José María Rúa Fernández, que traballou como comprador de madeira na empresa burelesa Arcadio Pardiñas, ten un fillo, unha neta, dous bisnetos e dous tataranetos.