19 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Pasada das Cabras na XXIX Travesía Costa Naviega

19-06-16

naviegaAtendendo unha invitación dos sendeiristas de Pena Furada de Navia este sábado 17 de xuño sendeiristas de Pasada das Cabras participaban na XXIX edición da Travesía Costa Naviega na que se deron cita preto de 1.500 camiñantes. Despois do saúdo do presidente, do fundador de Pena Furada e tamén do Alcalde de Navia e o corteda cinta no prado de Bao, dábase a saída cun chupinazo para percorrer os 20 km. que separan este emblemático espazo natural e a dársena do peirao de Navia, lugar de chegada. A ruta aparece no libro Guiness do ano 1991 por superar os 5000 participantes. Durante a mesma pódense apreciar as distintas praias de Navia como son: a do Mouro, a de Coedo, a de Frexulfe e a de Barayo, así coma o pobo exemplar de Asturias: Porto de Veiga. Evidenciando un gran esforzo de organización, repartiron durante a ruta chocolate, sangría e unha comida a base de bolo preñado e distintas sobremesas a todos os participantes. Desde Pasada das Cabras “agradecemos o trato recibido e felicitamos aos compañeiros de Navia pola excelente organización”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive