27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña visita o Castro de Viladonga e a muralla de Lugo

18-07-16

A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes Galicia) participará este mércores 20 de xullo nunha viaxe de fin de curso ao Castro de Vilalonga e ao Centro da Muralla de Lugo con 48 persoas.

A viaxe comezará este mércores, cun planing de actividades moi interesante e o bo tempo que acompaña. Concretamente, durante esta xornada, os participantes disfrutarán dunha visita guiada polo Castro de Viladonga, e o seu museo que se dedica á interpretación e explicación do xacemento e a custodia e exposición dos materiais procedentes das sucesivas excavacións. “Comeremos todos xuntos na área recreativa de Castro para logo continuar ata Lugo onde poderemos ver o casco histórico, a Catedral, o paseo do río rato .. entre outras”.

A directora, María José Nóvoa, destaca que “este tipo de actividades, permite aos nosos usuarios gozar dun tempo de disfrute e relaxación no que ademais se favorecen as relacións interpersoais e sociais e todo un conxunto de valores como a empatía, a amizade, a solidaridade…”.

“Así contribuímos a lograr un grupo de apoio social e a aumentar o sentimento de pertenza, e polo tanto o aumento da autoestima dos nosos usuarios, tendo como fin último a mellora da calidade de vida dos mesmos. Por iso este tipo de actividades culturais e de “ocio terapéutico” son un denominador común no tratamento terapéutico dos nosos pacientes”.

Sin título-1Sen ir máis lonxe, o pasado mércores viaxaban ao Pazo de Tor, onde disfrutaron dunha xornada cultural inigualable.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive