24 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Coral Polifónica de Ribadeo ofrece un concerto benéfico a favor da AECC

18-07-16

O martes, 19 de xullo, a igrexa parroquial acollerá un concerto da Coral Polifónica de Ribadeo a beneficio da Asociación de Loita contra o Cancro (AECC).

Despois do éxito no pasado Festival de Habaneras, a Coral Polifónica ofrecerá o seu concerto de verán, ás 20.45 horas, celebrando xa 61 anos de música coral, dende aquel concerto inaugural do 20 de xullo de 1955.

Nesta ocasión, o concerto será benéfico e a recadación será doada á Asociación Local de Loita contra o Cancro. É esta unha maneira sinxela e sentida de homenaxear á nosa compañeira Gracia Martín que nos deixou tristemente o mes pasado.

Para este fin, haberá 2 mesas á entrada da igrexa para que as persoas que así o desexen poidan deixar o seu donativo e contribuir á investigación para vencer esta enfermidade que a tantas persoas e familias afecta.

Neste concerto estrearanse catro obras: “Gaudeamus hodie”, un canon anónimo; “Pange Lingua” de Eli García–Bouso; “Memorias de una vieja canción” do compositor argentino Horacio Guaraní, e “Amor de hombre” da zarzuela “La leyenda del beso”. Xunto a estas pezas, a Coral ofrecerá outras habituais no seu repertorio como “Yo te diré”, “Unha noite na eira do trigo” e “A concert celebration”, unha selección de pezas de musicais de A. Ll. Webber.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive