22 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A curtametraxe sobre afectados pola cláusula solo na Mariña pon cara a un problema que afecta ao 6% da comarca

18-07-16

pres-curta-clausulassoloO pasado venres 15 levouse a cabo, no salón de Conferencias do Concello de Burela, a presentación da curtometraxe de afectados pola cláusula solo da Mariña.

Os asistentes que se deron cita para a proxección, previa presentación do locutor de Radio Burela Matías Nicieza, e introducción dun dos avogados integrantes da Asociación de Afectados pola Cláusula Solo da Mariña, Pablo Álvarez Ramos, poideron visionar o vídeo duns trinta minutos de duración.

Baseado nunha historia real dunha parella de veciños de Viveiro a gravación desenvólvese en torno á súa historia e a metáfora e analoxía establecidas entre o matrimonio como institución tradicional e o “matrimonio perpetuo, viciado ou á forza do século XXI: a hipoteca”.

Dirixido por Manuel Gil a idea central de dar formato audiovisual a este tipo de historias estriba na necesidade, plantexada pola asociación, de poñer cara e visualizar un problema que afecta a un 6% do espectro sociolóxico da nosa comarca e que nos casos máis graves, deriva incluso en execucións hipotecarias e desafiuzamentos.

ACSA xurde no 2014 como unha organización de consumidores e usuarios que, como consecuecia da indefensión xerada pola venda masiva de productos bancariso complexos: preferentes, hipotecas con cláusula solo, SWAP, débede subordinada… ten por lei motiv asesorar e informar aos veciños da comarca.

Dende a asociación manifestan o “máis sincero agradecemento a todos os participante do acto levado a cabo, anuncian a súa vontade de seguir promocionando a curtometraxe en institucións da comarca e medios locais dos que son colaboradores, e de seguir ofrecendo asesoramento e divulgación aos veciños na súa sede social de Burela, Arcadio Pardiñas 81, 3º A, ou a través do teléfono de contacto 655 210 846″.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive