27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación condena o Golpe de Estado de 1936 con motivo do seu 80 aniverario

18-07-16

vidal-campos-santosO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado do Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, e do Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, avanzou que este luns convocou unha xunta de voceiros provincial para aprobar a declaración institucional proposta pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en condena do Golpe de Estado de 1936 con motivo do seu 80 aniversario hoxe mesmo, así como en recoñecemento de todas as vítimas da represión franquista. A declaración institucional foi acordada por unanimidade. O Goberno da Deputación tamén decidiu situar no balcón do Pazo de San Marco unha pancarta co lema “XAMAIS UN 18 DE XULLO”.

Campos Conde remarcou que “non se pode esquecer o que pasou para que nun futuro non volvan a suceder o mesmo. Esta ditadura matou a miles de persoas. Centos e centos seguen en fosas comúns. Moitos cidadáns foron condenados a vivir no ostracismo, a fuxir de España e morrer lonxe das súas familias. Perseguise a quen pensaba forma diferente, sen respectar, nin tan sequera, o pensamento libre de cada persoa ou a súa natural condición sexual”.

O Presidente fixo fincapé na represión que sufriron miles de persoas, en especial as mulleres, “que foron tratadas como cidadáns de terceira. Nin sequera tiñan dereito a voto”. Por todo, insistiu “non debemos de esquecer eses actos, hai que rexeitar e condenar este tipo de actuacións, que o único que perseguen é limitar as liberdades”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive