27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A ineficacia do Estado de excepción

18-07-16

perez_lemaCADERNOS DA VIAXE. Dende novembro do 2015 Francia vive nun estado de excepción que limita substancialmente as liberdades democráticas, nomeadamente permtindo que a Policía poida deter persoas sen orde xudicial. Pois ben, estas graves restricións á liberdade non evitaron o masacre de Niza, sinxelamente porque a prevención o que esixía era unha medida proporcionada e natural, que a policía local coruñesa implementa dende hai anos no San Xoán: que non accedesen vehículos non autorizados ao espazo público do paseo marítimo niceano onde milleiros de persoas celebraban a Festa Nacional francesa. Cumpría, dende a eficacia,esa caste de medidas e non as do estado de excepción da Administración Hollande-Valls.

A prevención do terrorismo islamita esixe de controis nas estacións do bus , dos camiños de ferro, nos aeroportos…de certas incomodidades na nosa vida cotián. Mais estas son restricións pensadas no beneficio cidadán, podemos viaxar libremente por mór desta caste de restricións. O que non achega nada á eficacia policial e si moito ao trunfo do ISIS son restricións das liberdades coma as que rexen na Francia dende novembro, como as detencións policiais sen control xudicial.

O inimigo terrorista islamita persegue a derrota do noso-ás veces cativo e deficiente-réxime de liberdades. O seu obxectivo é asoballarnos polo medo e tentar que Europa resposte ao seu terrorismo con medidas propias de sociedades totalitarias… detencións sen orde xudicial, toques de queda que despoboen os nosos espazos públicos, deportación dos europeos de orixe musulmana, confusión do Islam cos islamistas… Compre, pois, que termemos do medo e que pidamos máis e mellor prevención e eficacia policial sen restrición substancial da liberdade, alén das incomodidades dos controis e comprobacións.

A outra obrigada conclusión é a necesidade de prantexarmos a nível europeo a coordinación da información das distintas-e necesarias- Policías locais, territoriais e estatais, a xestión conxunta da intelixencia e contrainsurxencia e máis a creación das Forzas Armadas europeas. Porque só un único Exército europeo poderá garantir a nosa seguranza dun xeito militar e economicamente sostíbel, rachando dinámicas estatais moi custosas nos recursos e moi ineficaces nos resultados.

Xoán Antón Pérez-Lema

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive