O alcalde, Alfredo Llano, acompañou á Coral Polifónica de Burela ao Encontro de Corais no que participou esta fin de semana na localidade de Dueñas, en Palencia. O rexedor contou que “a actuación da nosa Coral foi perfecta. E a Coral de Dueñas virá tamén a Burela. Eu acompañeinos atendendo a invitación cursada polo alcalde de Dueñas. Foi unha experiencia moi interesante e positiva”. Tamén participaban no encontro a Coral La Reana de Velilla del Río Carrión, de Palencia; e a Coral de Caleruega, de Burgos.
A Polifónica de Burela, no encontro de corais de Dueñas
A Polifónica de Burela, no encontro de corais de Dueñas
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”