As casetas da III Feira do Libro abrían as súas portas no parque de San Francisco en Ribadeo. E media hora máis tarde inaugurábase a exposición “Galicia imaxinada nas revistas da emigración”, que se poderá visitar na OMIC ata o vindeiro xoves. Despois durante a fin de semana estará situada no Cine Teatro co obxectivo de contribuír aínda máis ao realce do Ribadeo Indiano, a festa que terá lugar do 8 ao 10 deste mes. No acto desta mañá participaron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña; a concelleira de Turismo, Ana Martínez; e o libreiro local Pablo Rodríguez “Vivín”. A inauguración oficial da III Feira do Libro desenvolvíase ás 20.00 horas co pregón a cargo do escritor Antonio Reigosa. A clausura será o domingo ás 21.00 horas.
Apertura da III Feira do Libro en Ribadeo
Apertura da III Feira do Libro en Ribadeo
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove