22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ciudadanos (C’s) conta con 400 propostas no seu programa electoral para as autonómicas

18-07-16

Galicia, Luns 18 de xullo de 2016. Cidadáns (C’s) celebrou un acto con afiliados para poñer en coñecemento o traballo realizado para a redacción do programa electoral en Galicia. Este acto estivo presidido por Antonio Espinosa, secretario de Acción Política, Estudos e Programas, Manuel G. Bofill, presidente Mesa do Consello Xeral, e Carlos Carrizosa, Secretario de coordinación dos Comités Territoriais Autonómicos, que estiveron acompañados do equipo galego de coordinación do programa formado por Javier Chouza Gestoso, Ana Rodríguez e Dores Pazos.

O secretario de Acción Política, Estudo e Programas destacou que «o programa electoral para as eleccións autonómicas galegas cumpriu cunha das premisas máis importantes que é que está feito por galegos para os galegos, made in Galicia» . Ademais, Antonio Espinosa, quixo engadir que «realizouse cunha ampla participación por parte dos afiliados. Temos un programa con 400 propostas que recolle os intereses, inquietudes e necesidades dos cidadáns galegos».

Dores Pazos, membro do equipo de coordinación galego de redacción do programa, explicou aos afiliados «para a redacción do programa mantivéronse máis de 50 reunións con colectivos representativos de cada unha das áreas de traballo e contamos coa colaboración de mais de 43 colaboradores externos, así como, máis de 160 afiliados».

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive