Continúa segundo o previsto o desenvolvemento do II Torneo de Tenis que organiza o CLUB DE TENIS-PADEL A MAROSA do 18 ao 31 de xullo favorecido polo bo tempo.
En Individuais masculino e a falta dun partido de Oitavos está case completo o cadro de Cuartos cos seguintes enfrontamentos: Álvaro Jr. – Yañez , Arturo – vencedor Veiga-Gerardo pola parte alta do cadro e Juan Vale-Pablo e Jose Mª – Diaz pola parte baixa.
En Dobres masculino, a falta de decidirse primeiro e segundo do Grupo C co partido que se xogará o sábado Veiga-Pablo /Díaz-Arturo, está clasificados para cuarto Alberto-Santi e Álvaro-Álvaro Jr. como primeiros de Grupo e Juan Vale-Tomas e Fernando-Enrique como segundos; os dous mellores terceiros son Nolo-Delio e Rubén-Valentina.
No cadro feminino disputouse a primeira semifinal con claro triunfo de Paula fronte a Mary e o sábado xógase a segunda semifinal Rosalía-Valentina.
A final feminina adiántase a este fin de semana festivo e disputarase o luns 25 ás 11.00 horas.
O cadro de consolación tamén está case completo a falta do partido de oitavos cos seguintes enfrontamentos: Marcos- Alexandre, Nolo-perdedor Veiga-Gerardo pola parte alta do cadro e Delio-Chus, Iñigo-Marful pola parte baixa.