27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Dúas actuacións musicais na ponte festiva en Vilanova

18-07-16

Lourenzá, 18 de xullo de 2016. A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a vindeira ponte festiva dúas actuacións musicais coa Banda Migallas e Zenith Cello Dúo. Estes concertos terán lugar o sábado 23 de xullo e o luns 25.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou este luns que “seguindo coa programación cultural que temos para o verán desde a Consellería de Cultura de Lourenzá temos unhas actividades previstas para os próximos días”.

Manuel Arango detalla que “o sábado 23 de xullo ás 21:00 horas na Praza do Conde Santo temos á Banda Migallas co espectáculo Zaragallada. É unha actuación musical pensada para o público de todas as idades para que pasen unha tarde noite divertida. Pertence ao programa Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia”.

O edil de Cultura engade que “o luns 25 de xullo ás 20:30 horas na igrexa de Santa María de Valdeflores, de Vilanova de Lourenzá, terá lugar un concerto de música clásica a cargo de Zenith Cello Dúo; é unha actuación enmarcada dentro dun convenio de colaboración entre os concellos de Lourenzá e de Vegadeo, este último é o organizador do Festival Internacional de Música de Piantón. Ofrecéronnos un concerto e nós aceptámolo. Van facer varios por distintos municipios de Asturias e o único concello da provincia de Lugo que vai ter un concerto destes é o de Lourenzá”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive