22 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

ESPAZO-EQUO súmase ao proceso de confluencia definido na declaración dos alcaldes das Mareas

17-07-16

A Mesa Nacional da Cooperativa Ecoloxista ESPAZO-EQUO, que se reunía por vez primeira este sábado 16 de xullo desde a asemblea constituínte do pasado 28 de maio, acordou por unanimidade sumarme ao proceso de confluencia definido na declaración dos alcaldes das Mareas de A Coruña, Ferrol e Compostela.

ESPAZO-EQUO coincide coa declaración dos alcaldes ao sinalar: a asunción de que o formato de coalición partidaria de En Marea esta superado; a necesidade de construír unha única e nova plataforma política na que se integren os diversos axentes políticos e sociais, partidos e mareas, que como no caso de ESPAZO-EQUO, quedaron á marxe da estrutura política e decisión de En Marea; e, en terceiro lugar, a aceptación como metodoloxía das propostas aportadas por MAREAS EN COMÚN, en base ealizado durante estes meses por máis de medio millar de activistas de diversas Mareas que foron traballando en diferentes documentos consensuados.

A Mesa Nacional de ESPAZO-EQUO fará un chamamento aos seus membros e simpatizantes para que se adhiran a este proceso e participen activamente no Encontro Constituínte previsto para o 30 de xullo e do que saia unha nova EN MAREA sustentada nos principios de radicalidade democrática, adscrición individual e transparencia e ética.

Para ESPAZO-EQUO son os documentos e a metodoloxía aportada polas MAREAS EN COMÚN as que deben ser o nucleo central desta nova EN MAREA.

En todo caso os ecoloxistas xa advirten de que non se trata de sustituír unha Coalición de Partidos por unha Coalición de Mareas, senón construír un espazo de cidadáns e cidadás para o que debe buscarse unha formula que asegure a construción única de recursos organizativos e financeiros e de proxecto político e programático común.

Para ESPAZO-EQUO a ‘proba do algodón’ de si estamos, ou non, nunha nova etapa será a aprobación dun regulamento para a convocatoria dunhas eleccións primarias abertas e sobre a base da libre concurrencia das que deberían sair a candidata das Mareas para a presidencia da Xunta de Galicia e as diferentes candidatas ao Parlamento de Galicia.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive