A Ribeira de Foz realizaba unha excursión ao salón náutico de Cantabria en Laredo con 14 dos seus socios que volveron encantados co trato recibido por parte da organización e das xentes do pobo irmandado con Foz. Ademais de ociosa, a viaxe foi didáctica nalgúns aspectos. Resultoulles entrañable conversar cos vellos mariñeiros autóctonos que recordan con absoluta precisión os nomes dos barcos de Foz e de moitos mariñeiros focegos, que recalaban en Laredo nas campañas da anchoa. Tamén destacan a boa gastronomía -Gastro Bar Somera- de calidade e bo servizo. Igualmente, resultoulles “incrible e impresionante” ver as instalacións que teñen para a náutica recreativa: pantaláns modernos nos número de prazas para embarcacións de tódolos tamaños e clases parece ser infinito.
Excursión a Laredo da Ribeira de Foz
Excursión a Laredo da Ribeira de Foz
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Xove celebrará a XX Festa do Polbo este Xoves Santo
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”