24 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Experiencia internacional para o Campus Cangas del Narcea

18-07-16

Continúan as confirmacións de renome para o III Campus de Fútbol e Fútbol Sala Base Cangas del Narcea, esta vez con experiencia internacional. O asturiano Edgar Colar Alves visitará o clínic programado para a última semana de xullo para achegar aos máis pequenos as súas vivencias no fútbol sala portugués e romanés.

A presenza do hispano-luso, nacido en Cangas del Narcea, súmase ás dos xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira División Iago Míguez e Matamoros. Formado nos equipos da casa La Aldea Alvemaco FS e La Sienda FS, Edgar deu o salto á liga Sport Zone de Portugal en 2014-15 con Leões Porto Salvo; en 2015-16 defendeu ao Muncitorul Resita na liga de elite de Romanía.

Regáloche este Campus
Queres darlle unha sorpresa á túa fill@, sobriñ@, net@…? Queres facer un agasallo especial este verán? Con Cangas del Narcea, SD Narcea e a Fundación Imdecum podes quedar moi ben, regalando o III Campus Mixto de Fútbol sala e Fútbol Basee. Xa podes adquirir o cartón “Regáloche este Campus” para que o neno ou nena a reciba no seu domicilio.

Matrícula aberta
Todos aqueles/as mozos/as de entre 6 e 17 anos que queiran gozar do deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poden reservar a súa praza ata o mércores 20 de xullo (prazas limitadas). A folla de matrícula estará a disposición das persoas interesadas no Concello de Cangas del Narcea e na sede de Imdecum en Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, Burela). A través do correo campusmixtofutbolsala@gmail.com tamén se ofrecerá toda a información solicitada, así como o formulario de inscrición.

Tarifas
O prezo da matrícula será de 180 euros ou 340 euros con media pensión ou pensión completa, respectivamente. As familias que apunten a máis dun nen@ terá un 20% de desconto a partir da segunda matrícula e o alumnado da SD Narcea, ED Burela FS e AFD Porto de Burela terá un 10%.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive