Tódolos nenos e nenas da Escola Infantil de Xove disfrutaban este venres dunha festa coincidindo co fin de curso oficial á que asistiron todos eles mailos seus pais. A festa foi temática, dedicada aos piratas, estando amenizada polo grupo O RINCÓN DO TRASGO de Burela. Un desfile de piratas, actividades de globoflexia, música en vivo, etc., foron algunhas das actividades das que puideron disfrutar. Os máis maiores, como despedida da Escola, xa que para o ano incorporaranse na súa maioría ao Colexio Pedro Caselles, recibiron un diploma do alcalde Demetrio Salgueiro.
Festa de fin de curso na Escola Infantil de Xove
Festa de fin de curso na Escola Infantil de Xove
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo