27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

FPF solicita a construción dunha rampla de acceso á praia dos Xuncos en Cangas

18-07-16

praiaO Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro” presenta para o seu debate e aprobación no pleno do Concello de Foz unha moción sobre a construción dunha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida, carriños de nenos ou cadeiras de rodas na praia dos Xuncos en Cangas.

“Co comezo da campaña do verán, podemos comprobar despois de recibir numerosas queixas dos distintos usuarios da praia dos Xuncos en Cangas, que unha praia tan utilizada por numerosos veciños e turistas non dispón dunha rampla de aceso para persoas con mobilidade reducida ou mesmo para carritos de nenos ou persoas en cadeira de rodas.(Axuntamos fotos). Esta praia hai que recordar que fai uns anos dispoñía desta rampa, pero a consecuencia dos últimos temporais levouna o mar e non foi reposta”.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo: “instar ó Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, en concreto a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, á construción dunha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida, carriños de nenos ou cadeiras de rodas na praia dos Xuncos en Cangas como tiña ata fai uns anos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive