27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Lembrando a Arcadio

17-07-16

suso-fernadezXentilmente convidado pola organización, o día 18 de agosto de 2007 asistímos ó tradicional Día das Bandas que cada ano a vila de Luarca incluía na pogramación das festas patronais de San Timoteo; tradición e espectáculo musical que tiña a primeira razón do seu éxito na recoñecida melomanía do pobo luarqués.

Catro colectivos bandísticos participaban en cada edición – descoñecemos se segue vixente a tradición- que inician a súa andaina con emotivo e brillante desfile dende a entrada da vila, atravesando as ruas da mesma para chegar ó porto, percorrido que transcorre entre os afervoados aplausos dun público que invade as aceras. Os preto de 200 músicos inundan coa súa música o pobo, espallándoa por tódolos rincóns,e mesmo entra nos fogares a través de fiestras e balcóns e os aires de festa invaden a vida cidadán da pintoresca localidade.

Rematado éste , as bandas cítanse na praza maior e alí, conxuntamente, interpretan o himno de San Timoteo, o patrón; a dirección das mesmas é unha honra, porque significa un recoñecemento a quen é designado para tal mester e, nesta ocasión o elexido fora Arcadio Mon, director da Escola de Música de Foz, creador da súa banda, que na Villa Blanca contaba con grande prestixo peroal e profesional, e con moitos amigos.
En acto institucional no concello, coa presencia das bandas participantes, autoridades locais, invitados e numeroso público, Arcadio recibíu diversos agasallos e senllas pracas con expresivas dedicatorias.

Pola noite, no parque , as catro bandas ofrecían un concerto que comezara ás 22 horas. As 250 sillas dspostas para os espctadores resultaran insuficientes e moitos o seguiron de pé.Cando ás 2 da madrugada salíamos de Luarca mantíñase a mesma expectación o que confirma o que decímos da melomanía de aquelas xentes. A súa Banda “La Lira” data do ano 1889 e alí xurdiron a través dos tempos prestixosos músicos que nutriron as varias orquestras que amenizaron infinidade de festas e bailes, fundamentalmente en poboacións de Asturias e Galicia. Alí tivemos a oortunidade de lembrar a Casablanca,Gran Casino ou Los Centauros, que tantas veces tiñan actuado no Bahía, e mesmo os seus veciños da Orquesta Veracruz, de Puerto Vega, durante anos imprescindible nos carnavais focegos.

Fora para nós unha xornada leda e reconfortante, naque vivimos a música na presencia e na nostalxia. Xornada da que fora protagonista o inesquecible Arcadio Mon, do que en mais dunha ocasión escribimos que “con él chegou a música a Foz”. E chegara tamén todo un cabaleiro a quen tanto nos complace lembrar neste sinxelo, pero sentido, recordo do amigo entrañable, obxeto da homenaxe popular.

Por razón de parcial incompatibilidade horaria chegamos á Villa Blanca con algún retraso. Recibíranos o catedrático J.A. Martinez Estremera, cronista oficial de Valdés e Antonio Alvarez TONO , presidente das Festas. Eles foron os anfitrións que tiveran con nós exquisitas deferencias.O día do pasamento, hai uns meses,ambos despedían a Arcadio Mon en Bacoy…

Suso Fernández

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive