O habilidoso ala zurdo do Valadouro, Mario Novo, continuará no club barreirense.
Alzándose como un dos xogadores máis importantes da tempada pasada aportando calidade e goles, ten demostrado con creces toda a súa experiencia na pista barreirense. Tras ter madurad moito converteuse nun xogador importante, tanto ofensiva como defensivamente. Foi un dos xogadores que máis minutos acaparou na temporada pasada.
É por todo isto, ademais do seu compromiso absoluto, polo que a directiva do Praias de Barreiros vía indispensable a súa renovación. Así, séntense enormemente orgullosos de que continúe a tempada que vén.
Con esta oitava renovación o club barreirense cerra máis da metade do plantel, a falta dalgunha renovación e incorporacións nas que se está a traballar.