27 de Xullo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Mondoñedo pecha o curso multidisciplinar de música e o campamento ‘Mondo Peques’

17-07-16

peche-musica-mondO Curso Multidisciplinar de Música organizado pola Escola Municipal de Música do Concello de Mondoñedo en colaboración coa Concellería de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías do Concello de Mondoñedo celebraba a súa última xornada na praza Jaime Cabot, con instrumentos de percusión, e no auditorio municipal, coa interpretación da ópera de Hansel e Gretel.

O concelleiro, Alberto García, explicaba que “coas actuacións do venres pola tarde rematamos este curso musical de verán, enmarcado dentro das actividades que organiza o Concello durante o verán, que buscan conciliación familiar e laboral. Hai que destacar a importante participación neste curso dos nenos e nenas e animamolos a que unha vez rematado o período estival se queiran sumar ao proxecto musical da Escola Municipal de Música de Mondoñedo, para o curso que vén”.

Mondo Peques
Tamén rematou o campamento urbano e gratuíto Mondo Peques despois de 3 semanas con moitas actividades, que incluiron visitas culturais, xogos na Alameda, sesións de cine, talleres de manualidades e obradoiros de cociña, pleno infantil, excursión ao porto de Burela e xornadas de piscina.

Pero as actividades continúan ao longo deste mes na Casa da Xuventude con dous talleres: un de teatro e outro de títeres.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive