O Valedor do Pobo Galego ven de remitir ao colectivo “Por nuestro Faro” a resposta do Concello á denuncia que presentaban o 9 de xuño.
Así, dende o colectivo denuncian que “como ven sucedendo dende o comezo a resposta do Concello é unha nota fuxidía e burocrática que non contesta a nada do que se lle preguntou, nen xustifica en absoluto o interese do alcalde por apoiar este proxecto. Por subliñar algún aspecto concreto non informa da data de entrada do expediente no concello, nen da exposición pública, dando a entender que non se realizou este paso preceptivo. Respecto dos informes tamén se confirma a nosa denuncia da falla dun informe da Rede Natura 2000 e particularmente debe destacarse que non existe nengún que xustifique a separación en dous expedientes, un para a cafetería e outro para a reforma do faro. Mesmo resulta rechamante que non exista nengunha avaliación conxunta dos impactos acumulativos previsibeis de ámbolos dous proxectos no proceso das obras e posteriormente cando comezase a actividade, o que levaría razonablemente á denegación da autorización”.
“Outra contradicción evidente é que durante ano e medio estívose difundindo un presuposto de 150.000 euros, pero agora no proxecto so constan un investimento de 20.000”.
“En resumen confírmase que estamos diante dun expediente coxo dende calquer ponto de vista e un Concello xordomudo é incapaz de mover unha palla na defensa do noso patrimonio cultural, paisaxístico e medioambiental”.