22 de Setembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Ribadeo comeza unha nova campaña de lavado dos colectores verdes do lixo

18-07-16

colectores-ribadeoRibadeo, 18 de xullo de 2016. O Concello comeza este luns unha nova campaña de lavado dos colectores verdes no casco urbano e nas parroquias, segundo ven de anunciar o edil de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije.

O concelleiro nacionalista dixo que “agora nos meses de xullo e agosto faremos 400 lavados no casco urbano, en parroquias como Rinlo ou A Devesa e noutras zonas que tamén o precisen, nas que se produzan máis cheiros ou que estean un pouco máis afectadas, é dicir sobre todo onde máis se usan eses colectores”.

Díaz Freije pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar estes días: “o lavado de contedores vaise facer a primeira hora da mañá e desde o Concello pedimos desculpas polas molestias que se poidan causar ás veciñas e aos veciños de Ribadeo”.

Limpergal é a empresa luguesa que se encarga do lavado dos colectores verdes en Ribadeo.

O edil de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos lémbralles aos veciños e veciñas que “agora no verán non saquen o lixo das súas casas ata á noitiña, para evitar fortes cheiros na rúa durante todo o día. Está a facer moito calor e o lixo que deixamos polas mañás nos colectores está fermentando toda a xornada e ocasionando cheiros moi fortes e innecesarios”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive