A actividade correspondente aos Mércores de Natureza do Vicedo para esta semana é unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks por un entorno do máis natural nesta zona: o río Sor.
A ruta partirá con 7 km de sendeirismo pola beira do río Sor desde o refuxio de Ponte Ulló ata a ponte do lugar de Ribeiras do Sor. Alí emprenderase o descenso en kayaks ata O Vicedo. Hai que sinalar varios aspectos: É posible ir a unha soa das actividades, a duración da travesía en kayak é dunhas 2 horas (o prezo da ruta e kayaks é de 15 € por persoa e son kayaks de 2 prazas).
O punto de encontro para a actividade será ás 09.30 na casa da cultura do Vicedo. Desde ali iremos en furgonetas ata o refuxio onde se comeza a andaina. A hora aproximada de inicio dos kayaks en Ribeiras do Sor é as 12.30h.
Máis información e inscrición en concello@concellodovicedo.org ou no teléfono 982 59 01 95.