Máis de 70 sendeiristas convocados por Pasada das Cabras realizaron este sábado 23 de xullo a ruta nocturna Burela-San Cibrao. Nunha noite excelente para a práctica do sendeirismo, cunha temperatura moi agradable, chegaban á Península da Paz aproximadamente ás 00:30 horas despois de saír da praza da Mariña en Burela ás 22:00 horas. Nesta ocasión participaron un número importante de nen@s aos que lle encantou a experiencia. O Noso Lar de San Cibrao tiña prepara chocolate con churros para repoñer forzas. A próxima camiñada do calendario de Pasada das Cabras é a que organizan os amigos de Terras de Lourenzá na Cazolga o 7 de agosto.
Ruta nocturna de Burela a San Cibrao 2016
Ruta nocturna de Burela a San Cibrao 2016
Relacionado
-
Intensas xornadas de traballo as que está a desenvolver a expedición de Apaga, que desde o pasado luns se atopa en Chile, nunha mobilidade na que están a participar varios profesores con Álvaro Doural, o presidente da asociación, á cabeza
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
En marcha o XXXIII Curso de Música de Semana Santa de Xove