15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A cabeza do porco, coa lingua fóra, o ollo ó revés e ben cocidos

13-08-16

otero_regal1Aínda que xa chegou Agosto cheo de veraneantes, festas de todo tipo e comiolas ata reverter, podemos facer un símil de paisanos a paisanos. Paseabamos gozosamente polo noso pequeno paraíso do casi benestar entre o verdor primaveral, a choiva e os longos atardeceres, ata que de súpeto, apareceu no horizonte un exército de homes vestidos de mouro, e non eran curas, augurando todo tipo de males vindeiros. Tan asustados estabamos que nos deixamos coller e meter no saco daqueles sicarios enviados por especuladores, financeiros e piratas versión século XXI. ¡Adeus paraíso!

De súpeto botáronnos un xarro de auga fría con sal que nos revolveu ata as entrañas. Un baño ben vixiado, outro e outro ata baleirar a nosa casiña do confortable mollo envolvente e deixarnos feitos unos trapos resecos, fracos e confusos, sen comprender o noso herro. Pero o proceso continuou. Nun pucheiro mergulláronnos en auga fría que foron quentando lentamente, é como din que hai que cocer a carne de porco e o caldo, para que se queden blanda e fácil de papar.

Agora, xa ben limpitos de aforros en preferentes, pensións, axudas á dependencia, medicamentos, becas, salarios, etc., e ben estruxados a base de desmesurados impostos en todo o que nos rodea, de facernos pagar, e moito, por circular en autopistas, por casarnos, por morrernos, por entrar nas igrexas, polos medicamentos, polos libros de texto, polos comedores escolares, polas residencias de maiores, por vivir simplemente, xa nos están guisando para que uns poucos se dean o festín a base de xeneroso menú cociñado coas viandas logradas en tantos anos de duro traballo durante moitas xeracións.

Nada é por casualidade dice o cantante. Piden cárcere para a pianista que de nena practicaba a súa lección, para profesores que pacíficamente protestaron nun pregón de festas, multan con 100 euros a un ciclista por comerse un croissant e non pode recorrer ao Contencioso porque lle custa 150 eurazos a taxa, os sindicatos policiais denuncian que se lles obriga a multar, as cidades énchense de trampas, a voracidad das administracións é insultante, os bispos queren esclavizar ás mulleres, os grandes delincuentes son ensalzados e no desastre do Prestige nin no do tren non hai autoridades responsables, nin no de Santiago. A cabeza do porco , coa lingua fóra, o ollo ao revés e ben cocidos.

Otero Regal.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive