Boa fin de semana para o Club de Atletismo Lourenzá que tivo representación en Ribadeo na súa primeira edición da “Subida a Mondigo” onde os compañeiros elixiron a distancia de 4,5 km en lugar da de 21 km que tamén había como opción.
Participaron: Graña, Gavin, Maite e Vanesa Larriet (última fichaxe do club). Desta prueba volveron con 2 podios: Luis Graña colábase sexto da xeral, outorgándolle un segundo puesto como veterano, mentras Vanesa (que se estrenaba ensta competición) entraba como segunda sénior en liña de meta.
O domingo 28, Gavin, Fedra, Manolo, Ruben Piñeiroa, Loli e Vanesa participaban nunha nova edición da Carrera de Barres (Asturias) da que volveron con postos moi destacados coma un décimo posto da xeral de Rubén e un terceiro puesto sénior de Loli.