Santiago de Compostela, 20 de agosto.O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia aprobou este mediodía as candidaturas para ás eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro. O secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, que aspira á presidencia da Xunta de Galicia, destacou que as listaxes están conformadas por “homes e mulleres, xente moza e non tan moza, que procedemos dos pobos e das cidades de Galicia que, con certeza, contribuiremos a por sentido común ao cambio que se aveciña”.
Bascuas expresou o seu optimismo en referencia ós vindeiros comicios para que traían “un cambio en chave de país, positivo e comprometido” e deixou claro que “Compromiso é unha forza de xentes do pobo e que nada adebeda a ninguén máis que ao pobo que nos levará ao Parlamento para traballar por el”.
Desde o partido galeguista valoran a importancia de tódalas persoas que participan neste proxecto, como é o caso do enxeñeiro e prestixioso escritor, Xavier Alcalá, que é autor dun importante número de obras e foi premio da Crítica de Galicia. Ou tamén o caso do médico e recoñecido defensor dos dereitos das mulleres, Xosé Lois Doval. Alcalá e Doval pechan as candidaturas na Coruña e Ourense, respectivamente. En Pontevedra pecha a candidatura o avogado Xan M. Pérez Nartallo. Compromiso por Galicia foi a primeira formación política que elixiu os seus cabezas de lista polas catro provincias.
A Coruña
1-Xoán Bascuas. Secretario xeral de Compromiso de profesor de Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela.
2. Raquel Pillado. Ferrol. Traballa na empresa familiar dedicada á floricultura.
3. Uxío Dapena. Socio de DP Avogados, na Coruña. Xogador do Cerceda.
4. Laura Cereijo. Santiago. Limpadora e delegada sindical de CCOO.
5. César Ramos. Profesor en Santa Comba e portavoz municipal de Compromiso na Baña.
Lugo
1-Juan Carlos Piñeiro Docampo, portavoz de Compromiso en Burela, técnico intermedio en prevención de riscos profesionais, foi responsable de UXT-Costa durante doce anos.
2.- Melina Paz López Castro, de Lugo. Licenciada en Ciencias Políticas, profesora e empresaria. Involucrada no tecido asociativo de Lugo.
3.- Saúl Sánchez Freire, de Samos. Estudante de Ciencias Políticas, ligado o mundo rural.
4.- Carmen Nuñez Bruzos, de Sarria. CAPD da Xunta, estudante de educación social.
5.- Agustín Prado López, de Lugo. Enxeñeiro ambiental e informático, PL da Xunta de Galicia.
Ourense
1- Xosé Mosquera Casero
Profesor de Dereito Constitucional no Campus de Ourense, xefe do servizo de intervención na Deputación de Ourense e Vicepresidente da Federación Galega de Tenis.
2 -Lucia Nespereira Gomez
Administrativa de profesión. Deportista. Foi xogadora da selección española de fútbol sala feminino.
Pontevedra
1-Andrés Núñez Rajoy, de Pontevedra. Enxeñeiro Técnico Agrícola, traballa na Consellería do Medio Rural en Pontevedra , foi xefe do Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal , e tamén foi membro do Comité Fitosanitario Nacional, da Comisión Nacional de Avaliación de Fitosanitarios e Comisión Nacional de Bioseguridade .
2.- María Cruz Sánchez Blázquez. De Vigo. Mestre especialista en educación Infantil e ed.Primaria.Profesora de Ciencias Sociais,Xeografía,Historia e Historia do arte. Traballa activamente no Plan de Bibliotecas escolares con proxectos educativos innovadores.
3.- Álvaro Rodríguez Núñez. De Cambados. Avogado, Doutor en Ciencia Política. Foi concelleiro en Cambados polo Partido Galeguista.
4.- Sandra Araujo Carballido. De Ponteareas. Química industrial, Técnica Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural e o co de Técnica Superior en educación e control Ambiental.
5.- Orlando Villamayor Torres. Da Estrada. Empresario. Secretario nacional de comunicación de Compromiso por Galicia.