23 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Dous membros de Son Viveiro, nas primarias de En Marea por Lugo

13-08-16

marea-pbo-vivrDous membros de SON VIVEIRO, Marcos Besada e Victor Marcial, participan nas eleccións primarias de En Marea.

“Celebramos que a candidatura de Marea do Pobo por Lugo, para as eleccións primarias de En Marea, presentada este venres 12 de agosto en Lugo, conte con representación mariñá con dous dos nosos membros para poder aportar solucións e alternativas dende o ben común, a xustiza social e a ecoloxía para a Mariña lucense”.

As persoas interesadas en participar na escolla dos candidatos e candidatas da listaxe pola provincia, teñen ata o anoitecer do domingo 14 de agosto para rexistrarse e emitir o seu voto o martes 16 e o mércores 17.

As seguintes ligazóns permiten asinar o manifesto dos alcaldes de Ferrol, Santiago e A Coruña e solicitar o voto a distancia de maneira telemática, respectivamente: http://mareaconstituinte.gal/manifesto/#asina e http://mareaconstituinte.gal/voto-telematico/.

O local de SON VIVEIRO estará aberto este domingo 14 de agosto entre as 18.00 e as 20.00 horas para axudar a tramitar telemáticamente a devandita solicitude do voto nas primarias que terán lugar lugar os días vindeiros 16 e 17. O prazo para estes trámites remata este mesmo domingo ás 23.59 horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive