Coa actuación de Nastasia Zürcher remataron os Concertos ao Solpor, que por oitavo ano consecutivo organizou o artista barreirense Celso Dourado nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros. Nastasia Zürcher deleitou aos presentes coa súa voz, que a fixo ser a última gañadora dos premios Martín Códax de Música na categoría de blues, funky e soul. Polo Eido Dourado pasaron ao longo deste verán Barahúnda; Isaías Salazar, Miguel Flores e Sandra Calderón cun espectáculo de flamenco; Arifi, Aramat e Nastasia Zücher. O promotor dos Concertos ao Solpor amósase satisfeito coa acollida que tiveron estes espectáculos ao longo deste verán de 2016.
Nastasia Zürcher pechaba os Concertos ao Solpor do Eido Dourado
Nastasia Zürcher pechaba os Concertos ao Solpor do Eido Dourado
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’